Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15405

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (552/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de Demanda 552/2009, seguido neste xulgado por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

A Coruña, trinta de marzo de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. En data 20 de febreiro de 2012 ditouse sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que pola parte demandante antes citada se formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2 en data 19 de maio de 2009 contra as demandadas xa mencionadas, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que estimou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza condenando as codemandadas a aboarlle a aquela a cantidade de 10.394,50 euros, por sumas debidas en concepto de salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, tras ter esta ratificado a súa demanda, sen que comparecese a entidade demandada nin os seus representantes e recibido o preito a proba pola parte comparecida propúxose documental; seguidamente a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, agás o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados.

Primeiro. O demandante, José Miguel Garrido Pena, traballou por conta da empresa Cociñas Coarme, S.L. e Electrodomésticos Coarme desde o día 21.6.2006 coa categoría profesional de oficial de 1.ª, debendo percibir un salario mensual con rateo de pagas extra de 1.267,50 euros.

Segundo. As empresas demandadas, que non compareceron ao acto da vista, non acreditaron aboamento das cantidades debidas correspondentes a salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009.

Terceiro. O traballador non ten nin tivo no último ano a condición de delegado de persoal nin membro de comité de empresa, nin representante sindical.

Cuarto. Con data 7 de novembro de 2008 tivo lugar acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de “intentado sen efecto”».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Na demanda reitora do presente procedemento solicita a parte demandante que se condene a demandada a aboar a suma de 4.712,76 euros en concepto de salarios correspondentes aos meses de maio a agosto de 2008.

A entidade demandada Filtros Atlántico, S.L. non comparece para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa tampouco comparece ao acto da vista.

Con carácter previo e como refire a STSX de Galicia, Sala do Social de 12.2.2010 (recurso 5144/2009), non debemos esquecer que a declaración de confeso do demandado, como se interesou pola demandante, non obvia a obriga da parte de probar os feitos que contén a súa demanda, así se expresa a dita resolución:

«... a teor do disposto no artigo 91.2 da Lei de procedemento laboral, a ficta confessio non é unha obriga para o xulgador de instancia, senón unha facultade discrecional deste que ‘poderá’ ter ou non por confeso conforme a confesar non comparecente, sendo así que o artigo 91 da Lei de procedemento laboral establece a posibilidade de que o xuíz poida ter por confesa a parte que non comparecer sen xusta causa á primeira citación, mentres que o artigo 94.2 do mesmo texto legal permite, non obriga, que poidan estimarse probados as alegacións pola parte que propuxo a proba que, acordada polo xulgador, non foi achegada pola parte requirida para tal efecto, de maneira que, a priori, a non presentación da proba pola parte requirida a iso non produce, sen máis, indefensión á parte requirente, pois é facultade do xulgador dar por probadas ou non as alegacións feitas en relación coa proba acordada, tendo en conta que en atención a inveterada doutrina, por todas a sentenza de 2.3.1992, a non comparecencia de demandado non exime o demandante de probar os feitos en que fundamenta a súa propia petición por aplicación do principio de distribución da carga da proba, que lle impón a de acreditar os feitos constitutivos da súa pretensión...»“

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 da LEC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a non comparecencia das empresas demandadas e os seus representantes legais, resultou acreditado a relación laboral ou contrato de traballo que vincula o demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, conclusión que se extrae da documental que consta en autos, principalmente, contrato de traballo do Sr. Garrido, sen que a demandada comparecese e achegase ao procedemento actividade probatoria que desvirtúe os feitos e reclamación formulada polo demandante, en concepto de cantidades debidas por salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009, aos cales tiña dereito conforme o disposto nos artigos 26 e 29 do ET; os emolumentos mensuais ou salariais que percibirá o Sr. Garrido nas citadas datas extráense das nóminas e facturas achegadas por este no acto da vista, que non foron, por outra banda, impugnados pola entidade citada no dito acto.

Segundo. Entón e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, debe estimarse integramente a demanda, condenando a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.394,50 euros, por sumas debidas pola empresa Cociñas Coarme, S.L., Electrodomésticos Coarme e Pedro Míguez Ceballos a José Miguel Garrido Pena, en concepto de salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación

Decido.

Que estimando integramente a demanda formulada por José Miguel Garrido Pena, representado polo letrada Sra. Garrido Fernández, contra as empresas Cociñas Coarme, S.L. e Electrodomésticos Coarme, S.L. e contra Pedro Míguez Ceballos, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 10.394,50 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET.”

Segundo. Por escrito de data 27 de marzo de 2012, recibido neste xulgado en data 30 de marzo de 2012, interésase pola representación de José Miguel Garrido Pena a rectificación do antecedente de feito, no primeiro e segundo fundamento de dereito, unha vez que se produciron erros de transcrición tanto nas contías como no nome das empresas demandadas.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX, e idéntico sentido os artigos 214 e 215 da LAC, regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista nun “mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial”, isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3.º da LOPX: «3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.»

Na súa consideración, tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de transcrición no antecedente de feito e no fundamento primeiro e segundo, debe accederse á rectificación solicitada pola representación legal das demandantes, no sentido proposto por esta no seu escrito do 27 de marzo de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a decisión da sentenza de data 20 de febreiro ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

«Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2, en data 19 de maio de 2009, contra as demandadas xa mencionadas, na cal despois de expor os feitos e fundamentos que estimou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza condenando ás codemandadas a aboarlle a aquela a cantidade de 10.394,50 euros, por sumas debidas en concepto de salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009 e paga de xullo de 2008.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, tras ter esta ratificado a súa demanda, sen que comparecese a entidade demandada nin os seus representantes e recibido o preito a proba pola parte comparecida propúxose documental; seguidamente a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, agás o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados.

Primeiro. O demandante, José Miguel Garrido Pena, traballou por conta da empresa Cociñas Coarme, S.L. e Electrodomésticos Coarme desde o día 21.6.2006 coa categoría profesional de oficial de 1.ª, debendo percibir un salario mensual con rateo de pagas extra de 1.267,50 euros.

Segundo. As empresas demandadas, que non compareceron ao acto da vista, non acreditaron aboamento das cantidades debidas correspondentes a salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009 e paga de xullo de 2008.

Terceiro. O traballador non ten nin tivo no último ano a condición de delegado de persoal nin membro de comité de empresa, nin representante sindical.

Cuarto. Con data 7 de novembro de 2008 tivo lugar acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de “intentado sen efecto”.»

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Na demanda reitora do presente procedemento solicítase pola parte demandante que se condene a demandada a aboarlle a suma de 4.712,76 euros en concepto de salarios correspondentes aos meses de maio a agosto de 2008.

A entidade demandada Cociñas Coarme, S.L., Electrodomésticos Coarme, S.L e Pedro Míguez Ceballos, non comparece para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa tampouco comparece ao acto da vista.

Con carácter previo e como refire a STSX de Galicia, Sala do Social de 12.2.2010 (recurso 5144/2009), non debemos esquecer que a declaración de confeso do demandado, como se interesou pola demandante, non obvia a obriga da parte de probar os feitos que contén a súa demanda, así se expresa a dita resolución:

«... a teor do disposto no artigo 91.2 da Lei de procedemento laboral, a ficta confessio non é unha obriga para o xulgador de instancia, senón unha facultade discrecional deste que ‘poderá’ ter ou non por confeso conforme a confesar non comparecente, sendo así que o artigo 91 da Lei de procedemento laboral establece a posibilidade de que o xuíz poida ter por confesa a parte que non comparecer sen xusta causa á primeira citación, mentres que o artigo 94.2 do mesmo texto legal permite, non obriga, que poidan estimarse probadas as alegacións pola parte que propuxo a proba que, acordada polo xulgador, non foi achegada pola parte requirida para tal efecto, de maneira que, a priori, a non presentación da proba pola parte requirida a iso non produce, sen máis, indefensión á parte requirente, pois é facultade do xulgador dar por probadas ou non as alegacións feitas en relación coa proba acordada, tendo en conta que en atención a inveterada doutrina, por todas a sentenza de 2.3.1992, a non comparecencia de demandado non exime o demandante de probar os feitos en que fundamenta a súa propia petición por aplicación do principio de distribución da carga da proba, que lle impón a de acreditar os feitos constitutivos da súa pretensión...»“

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 LEC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a non comparecencia das empresas demandadas e os seus representantes legais, resultou acreditado a relación laboral ou contrato de traballo que vincula o demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, conclusión que se extrae da documental que consta en autos, principalmente, contrato de traballo do Sr. Garrido, sen que a demandada comparecese e achegase ao procedemento actividade probatoria que desvirtúe os feitos e reclamación formulada polo demandante, en concepto de cantidades debidas por salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009, aos cales tiña dereito conforme o disposto nos artigos 26 e 29 do ET; os emolumentos mensuais ou salariais que percibirá o Sr. Garrido nas citadas datas extráense das nóminas e facturas achegadas por este no acto da vista, que non foron, por outra parte, impugnados pola entidade citada no dito acto.

Segundo. Entón e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, débese estimarse integramente a demanda, condenando a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.394,50 euros, por sumas debidas pola empresa Cociñas Coarme, S.L., Electrodomésticos Coarme e Pedro Míguez Ceballos a José Miguel Garrido Pena, en concepto de salario do mes de marzo de 2009, 16 días de salario do mes de abril de 2009, vacacións de 2009, paga de decembro de 2009, paga de beneficios de 2009, paga de xullo de 2009, paga de decembro de 2008, paga de beneficios de 2008 e horas extra realizadas nos anos 2008 e 2009.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación,

Decisión.

Que considerando integramente a demanda formulada por José Miguel Garrido Pena, representado pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra as empresas Cociñas Coarme, S.L. e Electrodomésticos Coarme, S.L. e contra Pedro Míguez Ceballos en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 10.394,50 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo ao Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do ET.»

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigos 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo da Coruña. Dou fe.

E para así conste, e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expedido o presente na Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial