Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dispón a notificación da resolución do procedemento sancionador por infracción en materia de comercio interior PO-03/2011-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado, a resolución ditada no procedemento sancionador PO-03/2011-C, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

O importe da sanción farase efectivo, mediante ingreso na conta restrinxida de recadación de multas e sancións a favor do Tesouro da Facenda Galega, en calquera das oficinas das entidades bancarias de Novagalicia Banco, BBVA ou Banesto, facendo constar o número de expediente, no prazo establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas da Dirección Xeral de Comercio, sita no edificio administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5, 3.º andar, Santiago de Compostela.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2.ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou da circunscrición correspondente ao domicilio da entidade sempre que radique en Galicia, á súa elección, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

María Nava Castro Domínguez
Directora xeral de Comercio

ANEXO

Número de expediente: PO-03/2011-C.

Nome: Asociación de Comerciantes Autónomos Outlets de Galicia.

CIF: G27742212.

Enderezo: avenida de Ramón Prieto, n.º 485, 1 Vigo (Pontevedra).

Precepto cualificador infracción: artigo 105.a).1.º da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción: multa de 1.501 euros.