Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 440/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I ao modificado I de L.M.T., C.T.C., R.B.T. Hermida.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea (L.M.T.A.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,347 km, coa orixe na L.M.T.A. existente en apoio de entroncamento a C.T. Luci (expediente IN407A 1998/043), con condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final en apoio de liña proxectada, onde se colocará un paso aéreo-subterráneo.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,780 km, con orixe en apoio de fin de liña proxectado, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final no C.T. Hermida proxectado. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña