Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2012/71-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Barrosa.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 1.152 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T. VLG809 Sanxenxo I unha vez que alimente o C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado na Barrosa, Adina, concello de Sanxenxo. Dúas redes de baixa tensión, unha aérea e outra subterránea, de 560 e 160 metros de lonxitude, respectivamente.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións en razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Sanxenxo; polígono: 5; parcela: 1367; lugar: A de Neira; titular: Dionisio Martínez Peón; enderezo: rúa Virxe do Carme n.º 9, Adina, 36970 Sanxenxo, Pontevedra; afección: 37 m2 de solo para o centro de transformación.