Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 496/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: fase primeira L.M.T.S. e C.T.C. en Val da Ramallosa.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV ao C.T.C. Val da Ramallosa n.º 3, cunha lonxitude de 0,586 km, coa orixe en cela de liña do C.T. A Ramallosa (expediente IN407A 2006/312), con condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final en empalme na L.M.T.S. SNT-803 á saída do C.T. A Ramallosa (expediente IN407A 2006/312), realizando entrada e saída en C.T.C. Val da Ramallosa n.º 3 proxectado.

Centro de transformación prefabricado Val da Ramallosa n.º 3, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña