Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 456/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto L.M.T.S. e C.T.C. Sector 4 de Vío.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: modificación das liñas eléctricas de media tensión subterráneas a 15/20 kV proxectadas, de alimentación ao polígono industrial de Vío, con condutor tipo R.H.Z.1-2OL 3(1×240) mm² Al, coa orixe no seccionamento de Pocomaco (expediente 30503) e final no C.T. n.º 14 proxectado (CR), pasando a ter unha lonxitude total de 15.074 km, dos cales 1,534 km corresponden á liña provisional; 3,049 km á liña 0; 5,517 km á liña 1; e 4,974 km á liña 2.

Cambio de lugar dos centros de transformación (C.T.) n.º 1, 3, 14 proxectados, desprazándose respecto á situación inicial 12, 14 e 90 m respectivamente, mantendo o mesmo tipo de C.T.

Alimentación ao polígono industrial de Vío como consecuencia das obras da terceira rolda, mediante unha liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude total de 1,534 km, en condutor tipo R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, coa orixe no secciomento Pocomaco (expediente 30503) e baixo canalización existente (expediente IN407A 2006/080) nun tramo de 490 m, e final no empalme para realizar coa liña cero no punto 1, no cal se realiza tamén un empalme entre a liña 1 e a liña 2 de alimentación ao polígono Vío. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña