Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto do gasoduto de distribución de gas natural denominado ramal MOP = 16bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, no concello de Salceda de Caselas, do cal resulta como beneficiaria a empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2011/3-0).

A instalación denominada ramal MOP=16bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, no concello de Salceda de Caselas, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 12 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. A empresa Gas Galicia SDG, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, comunícase que o día 9 de maio de 2012, a partir das 9.30 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Salceda de Caselas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 2 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO
Ramal MOP=16bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño

N.º: 208.

Nome e apelidos: María Oliveira Martín.

Enderezo: San Blas,1-Entenza.

CP-concello: 36471 Salceda de Caselas.

M2 SE: 2.

M SP: 4.

M2 OT: 8.365.