Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de cancelación da inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS) da entidade mercantil Ocaci, Consultoría Integral, S.L.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 17 de agosto de 2009, a entidade Ocaci, Consultoría Integral, S.L. (CIF B15891526) presentou, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, o anexo I para a inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental. Coa solicitude de inscrición achegou a declaración ambiental verificada, así como o resto da documentación exixida no citado decreto.

Logo dunha petición telefónica por parte deste servizo, Ocaci, Consultoría Integral, S.L. enviou un fax (8.10.2009) xuntando a licenza de actividade definitiva de apertura na parcela núm. 121 do Polígono Industrial Os Capelos, Carral (A Coruña). Nesta documentación constaba que Ocaci, Consultoría Integral, S.L. fora antigamente, ata 2008, Asesoría en Calidad Management y Servicios, S.L. (ACMS) (CIF B15891526).

Segundo. Debido á confusión creada pola recepción do anexo I de inscrición no Rexistro EMAS, con data do 13 de outubro de 2009, procédese á inscrición do centro, sito na parcela núm. 121 do Polígono Industrial Os Capelos, Carral (A Coruña), pertencente a Ocaci, Consultoría Integral, S.L., no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental co número ES-GA-000245, sen ter en conta que a entidade Asesoría en Calidad Management y Servicios, S.L. (ACMS) xa constaba no rexistro EMAS co número ES-GA-000095 desde a data do 6 de marzo de 2007.

Terceiro. Con data do 9 de marzo de 2012 recibiuse unha comunicación por parte da empresa en que se expuña esta situación de dualidade no rexistro e na cal se informaba, así mesmo, dun novo cambio de denominación pola de Tempo Consultoría Estratégica, S.L. (CIF B15891526) e do cambio das instalacións a un novo centro, sito na rúa Cabanas, 26-baixo, 15009 A Coruña, que pasará a constar no Rexistro EMAS co primeiro número ES-GA-000095, concedido con data do 6 de marzo de 2007, e para o cal se presenta a declaración ambiental de renovación actualizada e demais documentación necesaria.

Fundamentos xurídicos.

Esta resolución correspóndelle ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 ao 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En vista do exposto anteriormente, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental,

RESOLVE:

Cancelar por petición da interesada e de conformidade co disposto no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), a inscrición do centro da entidade mercantil Ocaci, Consultoría Integral, S.L., na parcela núm. 121 do Polígono Industrial Os Capelos, Carral (A Coruña), co número de rexistro ES-GA-000245.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental