Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (895/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 895/2009 por instancia de Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Construcciones y Promociones Río Támega, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 9.12.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Construcciones y Promociones Río Támega, S.L., o INSS e a TXSS, e absolvo estes dos pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, recurso que deberán anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes a aquel en que se lles notifique esta sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Promociones Río Támega, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

O secretario xudicial