Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1030/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1030/2009 por instancia de Daniel Alejandro Bustos Collao contra Cafetaría Rico-Rico, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 12.12.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Daniel Alejandro Bustos Collao, debo condenar e condeno a empresa Cafetaría Rico-Rico, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.895,64 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cafetaría Rico-Rico, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial