Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a contratación de servizos de fisioterapia, logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes, das áreas sanitarias Norte, Sur e O Salnés da provincia de Pontevedra, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (AB-SER4-11-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-11-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación de servizos de fisioterapia, logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes, das áreas sanitarias Norte, Sur e O Salnés da provincia de Pontevedra.

b) División por lotes e número de lotes: si, lote 1, lote 2, lote 3 e lote 4.

c) Lugar de execución: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: mellor oferta tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

0 - 50

Recursos humanos

0 - 20

Número de centros ofertados

0 - 15

Melloras técnicas

0 - 15

4. Orzamento base de licitación: un millón trescentos vinte mil euros (1.320.000,00 €).

Ano

Lote 1

Lote 2

Lote 3

Lote 4

Total

2012

105.000,00

105.000,00

140.000,00

35.000,00

385.000,00

2013

180.000,00

180.000,00

240.000,00

60.000,00

660.000,00

2014

75.000,00

75.000,00

100.000,00

25.000,00

275.000,00

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5% do importe de licitación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 54 27 78.

e) Telefax: 881 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación (artigo 161 TRLCSP), ampliable en quince días hábiles nos supostos do artigo 152.3 TRLCSP.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas: Servizo Galego de Saúde (apertura do sobre B).

Hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

Lugar: edificio administrativo San Lázaro (Santiago de Compostela).

Data: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

11. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver punto 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 311/2009; Orde do 15.6.2009)
M.ª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde