Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de abril de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 13-20-12-19.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notificaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos existentes no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no edificio de Área Central; praza de Europa, 5 A-6.º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que consideren convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de División Xurídica

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-hora-porto

-Precepto
infrinxido

-Precepto
sancionador

-Sanción proposta

Sanc. 13-20-12-19

9899-BCRL

Celador do porto

Gonzalo Dopazo Álvarez

San Paio, 18

32001 Ourense (Ourense)

Estacionamento prohibido.

28.8.2011

11.05 horas

Cangas (Pontevedra)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Artigos 17 e 64 da O.M. 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €