Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN11407A 2011/296).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3.º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Novo CCM Froxo-Parque Empresarial.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 15/20 kV cunha lonxitude de 3,576 km, condutor tipo R.H.Z.1 0L-12/20 kV-3(1×240 AI), con orixe na cela de liña do CCM Froxo e final na cela de liña no C.T. polígono n.º 1.

– L.M.T.S. a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,499 km, condutor tipo R.H.Z.1 0L-12/20 kV-3(1×240 AI), co orixe na cela de liña do CCM Froxo e final na cela de liña existente no C.T. Rechousa (expediente 332/01).

– Cela de liña no C.T. Rechousa, onde finalizará unha das liñas proxectadas procedente do CCM Froxo. Concello da Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalación, estando as súas características axustadas en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 27 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña