De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento PES-LU-0123/2011-V.
O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada da resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: PES-LU-0123/2011-V.
Interesado: Guillermo Sanmartín Adega.
Acto de notificación: resolución do procedemento.
Último domicilio coñecido: Cruz das Cabezas s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).