Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012042AL-PO incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 1 de marzo de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2012042AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Mariscos ACB, C.B.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Mariscos ACB, C.B. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avda. Fernández Ladreda, número 43-1.º e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 27 de marzo de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012042AL-PO.

Denunciada: Mariscos ACB, C.B., con CIF E36415693.

Último enderezo coñecido: rúa Vilar de Mato, 8 B, 36818 Redondela.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 2.2.4.1, 2.2.4.4, 2.2.4.5, 3.3.1.3, 4.4.2.4, 4.4.2.5 e 4.4.2.13 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 14 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Capítulo I punto 1.º, capítulo VI e capítulo VII punto 2.º da sección VII do anexo III do Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

– Artigo 3, artigo 4 punto 2.º e artigo 5 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 4 do Real decreto 121/2004, do 23 de xaneiro, sobre a identificación dos produtos da pesca, da acuicultura e do marisqueo vivos, frescos, refrixerados ou cocidos.

Tipificación: infracción moi grave, segundo o artigo 35, letra C), 1.ª, 2.ª e 3.ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e segundo o artigo 43.c), f) e g), e o artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: trinta mil euros (30.000,00 €).