Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 76/11 RES por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 31 de xaneiro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 76/11 RES incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a María Dolores González Bouzada. Burguer Tapería O Remo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Dolores González Bouzada. Burguer Tapería O Remo, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Novagaliciabanco, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

N.º expediente: 76/11RES.

Denunciada: María Dolores González Bouzada. Burguer Tapería O Remo.

DNI/CIF: 35238237-Y.

Último enderezo coñecido: avda. Francisco Regalado, 34, Combarro.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 51.2 da Lei 17/2011; artigo 2.2.3.4 do Real decreto 1945/1983; artigos 14 e 18 do Regulamento (CE) n.º 178/02; capítulo I, punto 1, capítulo V e capítulo VII do anexo III ao Regulamento 853/2004; artigo 4 do Real decreto 121/2004; artigo 3 do Real decreto 3484/2000.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 6.000 €.