Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1305/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1305/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1305/2009, sendo demandante Alejandra Álvarez Pereira, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa ETS Servicios Externos, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sr. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alejandra Álvarez Pereira contra a empresa ETS Servicios Externos, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Alejandra Álvarez Pereira a cantidade de 440,87 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a ETS Servicios Externos, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial