Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14853

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1379/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1379/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1379/2009. É demandante José Varela Sánchez, representado polo letrado Sr. Pousa Merens, e demandada a empresa Aplitubo, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Varela Sánchez contra a empresa Aplitubo, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a José Varela Sánchez a cantidade de 2.292,08 euros que lle debe, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Aplitubo S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado