Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1352/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1352/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 1352/2009, sendo demandante Francisco Javier Rial Ares, representado pola letrada Sra. Liste Gómez, e demandados Xacia Invercon, S.L., que comparece a través do seu representante Álvaro Manuel Sánchez Domínguez, coa representación da letrada Sra. García López, a administración concursal da empresa Xacia Invercon, S.L., que comparece a través da administradora concursal María Gracia García Pita da Veiga, Gestiones Constructivas del Noroeste, S.L., así como o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Francisco Javier Rial Ares contra a empresa Xacia Invercon, S.L. e contra a administración concursal de Xacia Invercon, S.L., así como contra a empresa Gestiones Constructivas del Noroeste, S.L., e, en consecuencia, condeno as empresas demandadas a aboar a Francisco Javier Rial Ares a cantidade de 2.201,84 euros que lle deben, cantidade esta que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Gestiones Constructivas del Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial