Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO sobre solicitude de licenza municipal para nave destinada a autobuses.

Marcelino López Caamaño, en representación de Autocares López e Hijo, S.L. solicita desta Alcaldía licenza municipal para nave destinada a garaxe para autobuses con taller para o mantemento, lavado e engraxamento que se situará na parcela n.º 9 do parque empresarial de Negreira, cumprindo o disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que se consideren oportunas.

Negreira, 13 de marzo de 2012.

José Blanco Pazos
Alcalde