Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre almacén central para subministracións hospitalarias no polígono industrial deste concello.

David Castelo Rodríguez, en representación de Severiano Servicio Móvil, S.A., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para almacén central para subministracións hospitalarias, que se situará nas parcelas n.º 1 B, 2 A e 2 B do polígono industrial de Negreira. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Negreira, 12 de marzo de 2012.

José Blanco Pazos
Alcalde