Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre nave destinada á fabricación de pan de todas as clases e bolaría no parque empresarial deste concello.

José Luis y Manuel Pais Sieira, S.C. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para nave destinada á fabricación de pan de todas as clases e bollería, que se situará nas parcelas 19 e 21 do parque empresarial de Negreira. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións e observacións que se xulguen oportunas.

Negreira, 13 de marzo de 2012.

José Blanco Pazos
Alcalde