Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO de información pública relativo a unha licenza municipal consistente en legalización de actividade de taller de reparación de maquinaria agrícola e ampliación das instalacións existentes, en Liñares.

Olga Santín Núñez solicitou nesta Alcaldía licenza municipal urbanística de obra maior consistente en rehabilitación e reforma das instalacións agrícolas existentes nas Teixoeiras-Pedrafita do Cebreiro.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3.8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do concello en horario das 9.00 ás 14.00 h, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Pedrafita do Cebreiro, 23 de marzo de 2012.

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde