Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. praza Praterías, n.º 2.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,078 km, coa orixe e final na L.M.T.S. SCY-813, entre C.T. Praterías e o C.T. rúa Nova, n.º 11, condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 22 de marzo de 2012.
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña