Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 24/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e C.S. lugar de Pereiro.

Situación: concello das Somozas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea n.º 1, subestación As Somozas-C.S. As Somozas proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,701 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación das Somozas (expte. 125/06), condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en cela de liña no C.S. As Somozas proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea n.º 2, subestación As Somozas-C.S. As Somozas proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 2,953 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación das Somozas (expte. 125/06), condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en celas de liña no C.S. As Somozas proxectado, coa entrada/saída nos C.T. proxectados, n.º 1 e n.º 2.

Liña eléctrica de media tensión subterránea C.S. As Somozas proxectado L.M.T.A. existente SOM-802 (expte. 129/96), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,083 km, coa orixe en cela de liña telecontrolada no C.S. As Somozas proxectado, condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final na L.M.T.A. SOM-802, en apoio celosía existente (expte. 129/96).

Centros de transformación n.º 1 e n.º 2, cunha potencia de 400 kVA c/u, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 kV.

Centro de seccionamento prefabricado lugar de Pereiro, 3L manobra exterior. Concello das Somozas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña