Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14385

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO de información pública sobre instalación de nave para ampliación de explotación de polos de curral nas Chairas-Arnuíde.

Roberto Saa Gómez solicitou licenza de instalación de nave para ampliación de explotación de polos de curral, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar das Chairas-Arnuíde-Vilar de Barrio, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial, da provincia para que, aqueles que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Vilar de Barrio, 1 de febreiro de 2012.

Julio Pérez Carballo
Alcalde