1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.
2. Obxecto do contrato.
– Tipo de contrato: servizos.
– Descrición do obxecto: contrato de xestión do complexo acuático de Monterrei para a campaña de verán 2012 (O Pereiro de Aguiar – Ourense).
– Prazo de execución: tres meses desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
– Tramitación: ordinaria.
– Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
– Importe sen IVE: 65.000 euros.
– IVE (18%): 11.700 euros.
– Importe total: 76.700 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
– Definitiva: ver punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 4. 15781. Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: www.contratosdegalicia.es e www.deportegalego.es. Teléfono: 881 99 98 40.
7. Presentación das ofertas.
– Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións rematará o décimo quinto (15) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. No caso de que o último día fose sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
– Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
– Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de cláusulas administrativas particulares.
– Criterios de adxudicación: os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e na hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es e www.deportegalego.es
9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.
José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego