Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave para gando vacún e balsas de almacenamento de xurro en Santalla.

Fernando Cela Castro solicitou licenza municipal para a construción de nave para gando vacún e balsas de almacenamento de xurro en Santalla. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Triacastela, 27 de marzo de 2012.

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa