Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 843/2011, do 22 de setembro de 2011, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 22 de setembro de 2011, pronunciou a sentenza número 843/2011, ditada no procedemento ordinario n.º 4082/2008, interposto por Antonio Boullón Juanatey, Juan Boullón Juanatey e Bandaseca, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Antonio Boullón Juanatey, Juan Boullón Juanatey e Bandaseca, S.L. contra a Orden do 25 de outubro de 2007, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se deu aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal da Pobra do Caramiñal e anulamos esa resolución no que se refire á inclusión no polígono A.R. POL.1 da vivenda n.º 15 do Paseo do Areal e da parte do predio en que radica, que está na zona destinada a equipamento, e declaramos que ese inmoble debe ser clasificado como solo urbano consolidado e excluído do polígono. No demais desestimamos o recurso. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

M.ª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo