Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14134

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o terceiro cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

19.10.2011

Acordo de coordinación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

     63.628,05 €

4.11.2011

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para uso de instalacións deportivas.

7.11.2011

Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte, e a Asociación Galega de Xestores Deportivos.

22.12.2011

Convenio de colaboración que se subscribirá entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e o Concello do Grove (Pontevedra) para a realización das obras de construción dun pavillón polideportivo municipal no Monte da Vila, O Grove.

1.350.790,82 €

27.12.2011

Addenda I ao Acordo de coordinación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.