Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1223/09).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento n.º 1223/09, deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Luis Lois Otero, contra a empresa Torres Rivero S.L., Fogasa, sobre cantidade, ditouse a seguinte sentenza, con data do 13.3.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que, estimando a excepción de prescrición interposta polo Fogasa, se desestima a demanda interposta por Luis Lois Otero fronte a Torres Rivero, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, absolvendo as demandadas de todas as pretensións fronte a elas deducidas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndoos saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Torres Rivero, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 marzo de 2012.

O secretario xudicial