Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1252/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento n.º 1252/2009 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Julio Devesa Regueiro, contra a empresa Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, sobre cantidade, ditouse a seguinte sentenza, de data 20.3.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo a demanda formulada por Julio Devesa Regueiro contra Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, a súa administración concursal y Fogasa, polo que condeno á empresa demandada a que aboe a cantidade de 20.168,24 €, máis os intereses por demora e iso coas consecuencias legais inherentes.

E todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial nos termos e dentro dos límites do art. 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2012.

O secretario xudicial