Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13853

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3113/2008).

Recurso de suplicación número 3113/2008.

Maxistrados:

José Elías López Paz, presidente.

Luis Fernando de Castro Mejuto.

Ricardo Pedro Ron Latas.

A Coruña, vinte e dous de marzo de dous mil doce.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, composta polos maxistrados citados á marxe, e en nome do rei ditou a seguinte sentenza:

«No recurso de suplicación número 3113/2008 interposto por José Carlos Currás Pena contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, en que foi relator José Elías López Paz.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que, segundo consta en autos, José Carlos Currás Pena presentou demanda en reclamación de accidente, en que foron demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Social da Mariña, a Mutua Ibermutuamur, a Mutua Fremap, Pesquera Aldán, S.A., Manuel Fontán Argibay, Ramón Durán Rey, Maroc Societé Peche Albir, Riaño Fernández JM-Millaby Trawle, Pesqueras Pardavila, Farpesca, S.A., Jucarpe, Pesquera Laxe, S.A., Pesquerías Comunidad Andaluza, S.A., Pesquerías Mapescal, S.L., Pescacruña, S.A., Pesquería Espasante, S.A., Pesquerías Quintanero, S.A., Pesquerías Alborada, S.L., Boapesca, S.A., Sercopesca, S.L., Pesquera Mugardesa, S.A., Pesquerías Alonso, S.A., Pesquera Orlamar, S.A., Navales Cerdeiras, S.L., Pesquera Saudade, S.L., Congelador Mar Uno, S.A. No seu día celebrouse acto de vista e ditou en autos número 778/2007 sentenza con data do catro de abril de dous mil oito o xulgado de referencia, que desestimou a demanda.

Segundo. Que na citada sentenza se declaran como feitos probados os seguintes:

Primeiro. O demandante José Carlos Currás Pena, nacido o día 18 de xullo de 1947, con DNI número 35975604, figura afiliado á Seguridade Social, réxime especial dos traballadores do mar, co número 36/412.872/60, e a súa profesión habitual é a de patrón de altura.

Segundo. O demandante vén sendo tratado pola Unidade de Saúde Mental de Cangas do Morrazo desde o día 9 de decembro de 1996 por un trastorno depresivo recorrente, motivo polo que permaneceu en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns do 2 de febreiro de 1998 ao 13 de abril de 1999, do 22 de maio ao 28 de xullo de 2000, do 27 de agosto ao 11 de decembro de 2001 e do 7 de xuño ao 1 de xullo de 2002.

Terceiro. O día 5 de outubro de 2000, prestando servizos por conta da empresa Pesqueras Pardavila, S.A., o demandante sufriu un accidente de traballo ao recibir unha contusión no ombro dereito polo anteparo do barco debido a un golpe de mar, e permaneceu en situación de incapacidade temporal por accidente laboral con diagnóstico de tendinite do ombro dereito do 18 de outubro de 2000 ao 28 de novembro de 2001, en que foi dado de alta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, aseguradora da continxencia.

Cuarto. Posteriormente, o traballador permaneceu de novo en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común por padecer trastorno de ansiedade do 3 de febreiro de 2004 ao 4 de febreiro de 2005, en que foi dado de alta polo Servizo Galego de Saúde con proposta de incapacidade permanente e, tramitado o correspondente expediente, a Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña resolveu, o día 24 de maio de 2005, declaralo en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, cualificada, derivada de enfermidade común con dereito a pensión do 75% dunha base reguladora mensual de 982,71 euros con efectos económicos desde o día 24 de maio de 2005, e acordou que se podería instar a revisión do grao de incapacidade, por agravación ou melloría, a partir do día 3 de maio de 2007.

Quinto. O demandante presentou reclamación previa en que impugnou a anterior resolución solicitando a incapacidade permanente absoluta derivada de continxencias profesionais e, denegada a reclamación en vía administrativa, presentou demanda que foi dirixida ao Xulgado do Social número 3 de Vigo, que ditou sentenza o día 13 de xuño de 2006 en que desestima a demanda por acoller a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario, con base en que o demandante prestara servizos para todas as empresas demandadas nesta litis. A devandita sentenza, contra a cal non se recorreu, declarou probado que o traballador padecía as seguintes doenzas derivadas de enfermidade común: trastorno adaptativo e trastorno depresivo recorrente.

Sexto. Solicitada polo demandante o 22 de xuño de 2007 a revisión do grao de invalidez recoñecido para que o declarasen en situación de incapacidade permanente absoluta e por continxencias profesionais, logo do informe médico emitido o día 13 de setembro, o Equipo de Valoración de Incapacidades formulou o día 17 ditame proposta, preceptivo pero non vinculante, en que acordaba declarar que non procedía a revisión por non agravación, e a Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña asumiu o devandito ditame proposta mediante Resolución do 24 de setembro e, presentada polo demandante reclamación previa o día 5 de outubro, foille desestimada por nova Resolución do 11 de outubro. O expediente foi tramitado por enfermidade común.

Sétimo. As doenzas padecidas actualmente polo demandante consisten en: diagnosticado de trastorno depresivo postraumático reactivo a accidentes vividos no mar (accidentes laborais, naufraxios, incendio, etc.), encóntrase nervioso e irritable sen motivo, afectación familiar importante, insomnio, vén sendo tratado na Unidade de Saúde Mental de Cangas, non datos de asistencia en urxencias; exploración: bo aspecto, colaborador, refire ansiedade e anoxo pola súa situación de incapacidade polas catástrofes sufridas en mar aberto, refire insomnio, irritabilidade extrema, desacougo, desgana e incapacidade para realizar actividade intelectual por falta de concentración, non alteración do curso e contido do pensamento e linguaxe, non fraxilidade emocional nin ideación autolítica.

Oitavo. Non consta que a base reguladora para enfermidade común se modificase desde a data de recoñecemento do grao de incapacidade cuxa revisión se pretende. Esta ascendía naquela data a 982,71 euros mensuais. Para accidente laboral ascende a 1.806,33 euros mensuais.

Noveno. O demandante prestou servizos para as empresas demandadas nos seguintes períodos: José Carlos Currás Pena, do 15 de xuño ao 30 de decembro de 1987; para Albir Maroc Societé Peche Albir, do 12 de xaneiro ao 31 de marzo de 1988; para Ramón Durán Rey, do 13 de xullo ao 31 de agosto de 1988; para Congelador Mar Uno, S.A., do 4 de outubro de 1988 ao 26 de abril de 1989; para Pesquera Saudade, S.L., do 1 de agosto ao 30 de outubro e do 27 de novembro ao 30 de decembro de 1989; para José Manuel Riaño Fernández-Millbay Trawle, do 29 de xaneiro ao 11 de febreiro de 1990; para Navales Cerdeiras, S.L., do 16 de agosto ao 24 de outubro de 1990; para Pesquera Orlamar, S.A., do 17 de novembro ao 26 de decembro de 1990; para Sercopesca, S.L., do 12 de marzo ao 28 de novembro de 1991; para Manuel Fontán Argibay, do 12 de agosto ao 15 de outubro de 1992; para Pesquerías Alonso, S.L., do 15 de abril ao 6 de maio de 1993; para Pesquera Mugardesa, S.A., do 23 de xullo ao 31 de outubro de 1994; de novo para Sercopesca, S.L., do 12 de decembro de 1994 ao 11 de marzo de 1995; para Pescoga, S.L., do 21 de xuño ao 15 de agosto de 1996; para Boapesca, S.A., do 22 de agosto ao 9 de setembro e do 21 de setembro ao 3 de novembro de 1996; para Pesquerías Alborada, S.L., do 13 de decembro de 1996 ao 19 de xaneiro de 1997; para Pesqueiras Quintanero, S.A., do 15 de marzo ao 30 de xuño de 1997; para Pesquera Espesante, S.A., do 19 de xullo ao 3 de outubro de 1997; para Pescacruña, S.A., do 15 de novembro de 1997 ao 9 de xaneiro de 1998; para Pesquerías Mapescal, S.L., do 14 de abril ao 25 de maio de 1999; para Pesquera Laxe, S.A., do 23 de xuño ao 7 de novembro de 1999; para Pesquerías Comunidad Andaluza, S.A., do 29 de febreiro ao 1 de abril de 2000; para Pesquera Laxe, S.A., de novo do 7 de abril ao 28 de maio de 2000; para Pesqueras Pardavila, S.A., do 29 de xullo ao 18 de outubro de 2000; para Contrataciones y Asesoramientos Navales, S.L., do 1 de decembro de 2001 ao 31 de xaneiro de 2002 e do 6 de maio ao 1 de xullo de 2002; de novo para Pescoga, S.L., do 21 de xaneiro ao 11 de xuño de 2003; para Jucarpe, S.L., do 23 de xullo ao 29 de agosto de 2003; para Farpesca, S.A., do 4 de setembro ao 15 de outubro de 2003, e para Pesquera Aldán, S.A., do 8 de novembro ao 16 de decembro de 2003 e do 12 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2004.

Décimo. As devanditas empresas estaban aseguradas: 1) Co Instituto Social da Mariña: Albir Maroc Societé Peche Albir, Ramón Durán Rey, Congelador Mar Uno, S.A., Riaño Fernández José Manuel-Millbay Trawle, Navales Cerdeiras, S.L., Pesquera Orlamar, S.A., Sercopesca, S.L. do 12 de marzo ao 28 de novembro de 2001, Manuel Fontán Argibay e Contrataciones y Asesoramientos Navales, S.L. 2) Con Fremap: Pesquera Saudade, S.L., Sercopesca, S.L. do 12 de decembro de 2004 ao 11 de marzo de 2005, Pesquera Laxe, S.A., Pesquerías Comunidad Andaluza, S.A. e Pescacruña, S.A. 3) Con Ibermutuamur: Pesquerías Alonso, S.A. e Pesquerías Mapescal, S.L. 4) Coa Mutua Gallega: Pesquera Mugardesa, S.A., Pescoga, S.L., Boapesca, S.A., Pesquera Espasante, S.A., Pesquerías Quintanero, S.A., Pesquerías Alborada, S.L., Pesqueras Pardavila, S.A., Farpesca, S.A., Jucarpe, S.L. e Pesquera Aldán, S.A.

Décimo primeiro. Das empresas demandadas as seguintes deben as seguintes cotas á Seguridade Social: Manuel Fontán Argibay 42.400,44 euros, polo período de marzo de 1989 a outubro de 1995; Pesquera Aldán, S.A., 1.791,85 euros, polo período de xaneiro a setembro de 2007; Pesquerías Quintanero, S.A., 521,42 euros polo ano 2001.

Terceiro. Que a parte dispositiva da indicada resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, desestimando a excepción de cousa xulgada alegada pola empresa Pesquera Aldán, S.A., e desestimando así mesmo a demanda interposta por José Carlos Currás Pena fronte á referida empresa, o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a Mutua Fremap, Ibermutuamur e as empresas Pesqueras Pardavila, S.A., Farpesca, S.A., Jucarpe, S.L., Pescoga, S.L., Contrataciones y Asesoramientos Navales, S.L., Pesquera Laxe, S.A., Pesquerías Comunidad Andaluza, S.A., Pesquerías Mapescal, S.L., Pescacruña, S.A., Pesquera Espasante, S.A., Pesquerías Quintanero, S.A., Pesquerías Alborada, S.L., Boapesca, S.A., Sercopesca, S.L., Pesquera Mugardesa, S.A., Pesquerías Alonso, S.A., Manuel Fontán Argibay, Pesquera Orlamar, S.A., Navales Cerdeiras, S.L., Pesquera Saudade, S.L., Congelador Mar Uno, S.A., Ramón Durán Rey, Albir Maroc Societé Peche Albir e Riaño Fernández José Manuel-Millbay Trawle, debo absolver e absolvo os devanditos demandados das pretensións contra eles deducidas.

Cuarto. Contra a devandita sentenza interpuxo recurso de suplicación a parte demandante, que foi impugnado de contrario. Elevados os autos a este tribunal, dispúxose o traslado destes ao relator.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A sentenza de instancia desestima a demanda interposta polo demandante sobre revisión de grao de incapacidade e continxencia, e absolve todos os demandados. Fronte ao devandito pronunciamento interpón recurso o demandante, articulando un primeiro motivo de suplicación, pola canle do artigo 191.b) da Lei de procedemento laboral destinado á revisión de feitos probados, pero sen solicitar a revisión, adición ou supresión de ningún feito concreto. Así formulado o motivo, é claro que non pode prosperar, pois como ten declarado reiteradamente este tribunal, a flexibilización no formalismo exixible para interpoñer o recurso de suplicación non pode levar a unha impugnación aberta e libre que obrigue a sala a colaborar na construción do devandito recurso, xa que iso atentaría contra a seguridade xurídica e situaría a parte contra a que se recorreu en manifesta indefensión (art. 24 CE). Consecuentemente, unha vez que a revisión de feitos que se propón (art. 191.b) LPL) non contén expresa indicación da redacción alternativa, adición, modificación ou supresión que se deba dar aos que se declaran probados, debe chegarse á conclusión de que o motivo resulta inviable ao incorrer nun defecto procesual insalvable, polo que o relato probatorio debe permanecer invariable. En calquera caso, ao non conter o recurso denuncia xurídica, con ausencia de cita de toda norma substantiva ou da xurisprudencia, sería irrelevante para a decisión do litixio que o motivo de revisión se tivese formalizado correctamente.

Segundo. En efecto, o recurso da parte demandante recorrente, como pon de manifesto algunha das partes impugnantes do recurso, caso de Pesquera Aldán, S.A., ou da Mutua Fremap e da Mutua Gallega, o recurso non cumpre coas exixencias procesuais, ao non citar norma substantiva ningunha do ordenamento xurídico, ou doutrina xurisprudencial que se considere infrinxida, e non aparecer formulado de conformidade coas normas que o regulan; semellante omisión implica unha inobservancia frontal do normado nos artigos 191.c) e 194.2 da Lei de procedemento laboral, posto que a suplicación é, como declarou esta sala en reiteradas sentenzas –sirvan de exemplo as do 8 e 24 de xaneiro de 1992, 29 de maio de 1995 e 31 de marzo (AS 1997\898) e 18 de setembro de 1997 (AS 1997\3052)–un recurso de carácter extraordinario, no cal a actividade da sala queda limitada á pauta marcada polo recorrente, e o tribunal non pode examinar a existencia de vulneracións legais ou infraccións xurisprudenciais, aínda manifestas, non invocadas polo que recorre, salvo que pola súa propia entidade transcendesen de maneira directa e inequívoca á orde pública procesual –o que non acontece no caso litixioso–; tal omisión impide á sala entrar no estudo e decisión daqueles, xa que o contrario supoñería a construción «ex officio» do recurso, cando esta actividade está reservada en exclusiva á parte, e a consecuencia derivada diso non pode ser outra que a de proclamar a inviabilidade do recurso, coa conseguinte confirmación da sentenza suplicada. Admitir o contrario traduciríase en prescindir da formalidade exixible no recurso de suplicación e non se ater ás previsións do artigo 194 LPL. É dicir, dándose estas omisións non pode suplir a sala as carencias sinaladas e substituír o recorrente na función que só a el lle corresponde de construír o recurso, o que, de levarse a efecto, implicaría unha grave violación da igualdade das partes no proceso e do dereito á tutela xudicial efectiva, que tamén debe dispensarse á parte contra a cal se recorreu.

Aplicando o exposto ao caso litixioso, ao non invocar a parte recorrente a infracción de ningún precepto legal, ao non denunciar tampouco doutrina xurisprudencial que se puidese ter infrinxido na resolución que impugna, a consecuencia non pode ser outra que a de proclamar a inviabilidade do recurso e ditar un pronunciamento confirmatorio daquilo contra o que se recorreu. En consecuencia:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante José Carlos Currás Pena, confirmamos a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 4 de abril de 2008, en proceso sobre grao de revisión de invalidez e continxencia, pola que se desestimou a demanda e se absolveu todos os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna, no día da súa data, o maxistrado-relator que a subscribe, na sala de audiencia deste tribunal. Dou fe.