Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13852

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa deste centro.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 15 de marzo de 2012.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés