Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1365/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, por medio do presente, anuncio que na demanda 1365/2009, seguida por instancia de María Teresa Brañas Fraga contra a empresa Aula Cooperativa de Información y Cultura (ACIC), en que foi parte o Fogasa, se ditou a sentenza número 170/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1365/2009, en que foi demandante María Teresa Brañas Fraga, representada pola letrada Sra. Romero Salgado, e demandada a empresa Aula Cooperativa de Información y Cultura (ACIC), da mesma maneira citouse, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Teresa Brañas Fraga contra a empresa Aula Cooperativa de Información y Cultura (ACIC), e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a María Teresa Brañas Fraga a cantidade de 13.376,23 euros que lle debe, esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Aula Cooperativa de Información y Cultura (ACIC), actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial