Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1370/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 4 da Coruña, por medio do presente anuncia que na demanda 1370/2009, seguida por instancia de Ruth Silva Gilda e Nelda Fernández Maceiras contra a empresa Exclusive Seller, S.L., en que foi parte o Fogasa, se ditou a sentenza número 171/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1370/2009, en que foron demandantes Ruth Silva Gilda e Nelda Fernández Maceiras, representadas polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa Exclusive Seller, S.L. da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ruth Silva Gilda e Nelda Fernández Maceiras contra Exclusive Seller, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Ruth Silva Gilda a cantidade de 2.426,45 euros e a Nelda Fernández Maceiras a cantidade de 2.320,06 euros, que lles debe. Estas cantidades deberanse incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma a Exclusive Seller, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado