A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Diseminación de los productos de evaluación de tecnologías sanitarias. Nuevas líneas de trabajo: 10 euros.