Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (728/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 728/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso García Bello contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, vinte e oito de decembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver o presente de despedimento/cesamentos en xeral 728/2011 por instancia de Alfonso García Bello, que comparece asistido do letrado Jorge Espasandín Fernández contra Industrias Gelucho Romar, S.A., que non comparece, e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., en cuxo nome e representación comparece o letrado Héctor Alejandro Rial Picallo.

Decisión:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Alfonso García Bello fronte á empresa Industria Gelucho Romar, S.A. e a empresa Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento con condena da empresa Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, calquera que fose a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Para o caso de optarse pola indemnización, e respecto dos salarios de tramitación, condénase, así mesmo, solidariamente á empresa Industria Gelucho Romar, S.A. ao aboamento dos importes que por tales conceptos correspondan.

3. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 33.896,40 € (trinta e tres mil novecentos noventa e seis con corenta céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 48,08 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 8.846,72 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0728 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0728 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, que se encontraba celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gelucho Romar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, vinte de marzo de dous mil doce.

O secretario xudicial