Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (301/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Rosa Ana Amor Sánchez contra Wendy Zapata, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 301/2010 ditouse a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o oito de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Rosa Ana Amor Sánchez, que comparece asistida do seu letrado Antonio Pousa Merens, e doutra como demandada a empresa Wendy Zapata, S.L., que non comparece.

Decido que, estimando a demanda formulada por Rosa Ana Amor Sánchez contra a empresa Wendy Zapata, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 5.107,75 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0301.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.301.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Wendy Zapata, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial