Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13062

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (650/2011).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 10 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario 650/2011, seguido por instancia de Recreativos Ceda, S.A. fronte a Bruno Osorio Álvarez, Antonio Villar Prieto, María del Carmen Álvarez Rodríguez e Marybe Cafetería, S.L., ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martin.

Lugar: Vigo.

Data: 13 de febreiro de 2012.

Demandante: Recreativos Ceda, S.A.

Avogado: Miguel Irisarri Bouzas.

Procurador: Andrés Gallego Martin-Esperanza.

Demandado: Bruno Osorio Álvarez, Antonio Villar Prieto, M.ª Carmen Álvarez Rodríguez, Marybe Cafetería, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 650/2011-I.

Decisión:

Estimando integramente a demanda interposta por Recreativos Ceda, S.A. fronte a Antonio Villar Prieto, Bruno Osorio Álvarez, M.ª del Carmen Álvarez Rodríguez e Marybe Cafetería, S.L., debo condenar e condeno a estes en forma solidaria a aboarlle á demandante a cantidade de 14.000 euros máis os xuros legais e custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3641.0000.04.0650.11, indicando no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura da maxistrada xuíza).

E encontrándose as demandadas, María del Carmen Álvarez Rodríguez e Marybe Cafetería, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 13 de marzo de 2012.

O secretario xudicial