Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12924

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (977/2010).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Vigo, polo presente, anuncio que neste procedemento seguido por instancia de C.P. María Berdiales 21 fronte a Ángel Vázquez Cuervo ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 27/11.

Vigo, 14 de febreiro de 2011.

Vistos por min, Margarita Sierra Serrano, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 977/2010, sobre reclamación de cantidade, promovido pola comunidade de propietarios do edificio n.º 21 da rúa Mar Berdiales de Vigo, representado polo procurador Pablo Acosta Padín e asistida polo letrado Gerardo Acosta Santos, contra María Ángeles Vázquez Cuervo, en situación de rebeldía e atendendo aos seguintes,

Decisión:

Con estimación da demanda interposta polo procurador Pablo Acosta Padín, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio n.º 21 da rúa María Berdiales de Vigo, debo condenar e condeno a María Ángeles Vázquez Cuervo, en situación de rebeldía, a pagar á demandante a cantidade de catro mil novecentos setenta e oito (4.978) euros, que percibirá desde a data desta sentenza ata o pagamento, un xuro anual igual ao legal do diñeiro incrementado en dous puntos, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, sendo necesario para a súa admisión constituír o depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX e correspondendo a competencia para resolvelo á Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada Anxos Vázquez Cuervo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 11 de outubro de 2011.

O secretario xudicial