Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12922

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Cambados

EDICTO (49/2008).

Procedemento: procedemento ordinario 49/2008 sobre outras materias.

De: Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja.

Procurador: Jesús Martínez Melón.

Contra: Rosa María Filgueira Iglesias, María Dolores Pérez Álvarez, Elisa Raposo
Carneiro, Rosario Nodar Rico, Carmen Domínguez Gondar, Manuel Alfonso de Almeida Pinto.

Procurador: Miguel Ángel Palacios Palacios.

No procedemento de referencia ditouse a resolución que na súa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido que, debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja contra María Dolores Pérez Álvarez e debo condenar e condeno a María Dolores Pérez Álvarez a pagar 1.025,07 euros máis os xuros legais e as custas causadas.

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja contra Elisa Raposo Carneiro e debo condenar e condeno a Elisa Raposo Carneiro ao pagamento dos xuros legais á Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja; cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja contra Rosa María Filgueira Iglesias e debo condenar e condeno a Rosa María Filgueira Iglesias ao pagamento dos xuros legais á Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja; cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja contra Manuel Alfonso de Almeida Pinto e debo condenar e condeno a Manuel Alfonso de Almeida Pinto ao pagamento dos xuros legais á Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja; cada parte deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta pola Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja contra Rosario Nodar Rico e Carmen Domínguez Gondar e debo condenar a Comunidad de Propietarios de la Isla de la Toja ao pagamento das custas causadas.

Notifíquense as partes a través dos seus representantes en xuízo.

Contra esta sentenza poderá interporse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación conforme os artigos 457 e seguintes da LAC.

Así o pronuncio, mando e asino, Eva Armesto González, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Cambados».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Alfonso de Almeida Pinto, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación da sentenza ditada no procedemento ordinario 49/2008.

Cambados, 29 de xullo de 2011.

O/a secretario/a xudicial