Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2011 (DOG do 29 de novembro).

En aplicación do disposto na base décimo sexta da Orde do 21 de novembro de 2011 (DOG do 29 de novembro), pola que se convoca concurso de traslados específico entre funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola citada orde.

Segundo. A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2012, e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

missing image file
missing image file