Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12613

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fan públicos diversos acordos.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo de 2012, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 10933, no punto Primeiro, onde di: «… Modificar a resposta da pregunta número 89, pasando a ser a resposta correcta a A)», debe dicir: «… Modificar a resposta da pregunta número 82, pasando a ser a resposta correcta a A)».