Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12617

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 20 de marzo de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 23 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 14 de febreiro).

Por Orde do 23 de xaneiro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia número 31, do 14 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, na base sexta da Orde do 23 de xaneiro de 2012, e na demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 23 de xaneiro de 2012 e designar a funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes, se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co establecido no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Patricia García Antelo.

Número de rexistro de persoal: 4481398457 A2060.

Corpo/escala: superior de Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Administración e Persoal.

Código: TR.A01.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Localidade: Santiago de Compostela.