Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 25/11, seguido a Estación de Servizo Carballo, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado a resolución do expediente sancionador ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Esta resolución na súa parte dispositiva di: sancionar a Estación de Servizo Carballo, S.L., coa multa de 5.100 (cinco mil cen) euros, como responsable das infraccións administrativas especificadas nos fundamentos xurídicos desta resolución.

O interesado dispón do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para poder interpoñer recurso de alzada contra esta resolución perante o conselleiro de Economía e Industria, ben a través desta xefatura territorial ou directamente ante o órgano competente para resolvelo, segundo o establecido no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña