Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2011/71-2, 7909 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas en autovía A-54 tramo Palas-Guntín.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

Modificación no p.q. 0+000 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV PAL 806 Coto 6 con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 5 da mencionada liña, cunha lonxitude de 294 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en condutor LA-110.

Modificación no p.q. 2+200 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV PAL 805 Friol 5, con orixe no apoio existente n.º 2 e final no apoio existente n.º 9, cunha lonxitude de 796 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en condutor LA-110.

Modificación no p.q. 6+840 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Vilamourel), con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 97 metros (tramo 1), e con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 109 metros (tramo 2) en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 6+840 da traza da autovía A-54.

L.M.T.S. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Vilamourel), con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 1 e final no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 2, cunha lonxitude de 130 metros en condutor R.H.Z.-1.

Modificación no p.q. 10+200 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Mosteiro), con orixe no apoio existente n.º 3 e final no apoio proxectado n.º 4, cunha lonxitude de 99 metros (tramo 1) e con orixe no apoio proxectado n.º 1 e final no apoio existente n.º 2, cunha lonxitude de 133 metros (tramo 2) en condutor LA-56.

Modificación no p.q. 10+200 da traza da autovía A-54.

L.M.T.S. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Mosteiro), con orixe no paso aéreo a soterrado no apoio metálico proxectado n.º 1 e final no paso aéreo a soterrado no apoio metálico n.º 4, cunha lonxitude de 305 metros en condutor R.H.Z.1.

Modificación no p.q. 11+300 da traza da autovía A-54.

L.M.T.A. a 20 kV (L.M.T. a C.T. Carteire), con orixe no apoio existente n.º 1 e final no apoio existente n.º 6, cunha lonxitude de 328 metros (entre condutor para retensar e proxectado) en condutor LA-56.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 13 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo