Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 10 de abril de 2012 Páx. 12663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. derivada Cereixido (concello de Quiroga).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE número 285) e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310); o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188) e o Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE número 23), modificado pola Lei 6/2010 (BOE número 73), sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. derivada Cereixido.

Situación: concello de Quiroga.

As principais características técnicas da instalación eléctrica son:

• L.M.T.A. a 20 kV con orixe no apoio existente n.º B80-36 da L.M.T.A. existente SEQ804 e final no C.T. intemperie proxectado Cereixido, cunha lonxitude de 4.339 metros, en condutor LA-56.

• C.T.I. Cereixido, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

• L.B.T.A. do C.T.I. Cereixido, con orixe no C.T.I. de Cereixido, cunha lonxitude de 412 metros en condutor tipo R.Z. tensado sobre apoios de formigón e de madeira.

O estudo de impacto ambiental correspondente á instalación da L.M.T., C.T. e R.B.T. derivada Cereixido poderase examinar no concello de Quiroga, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, e da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán tomar vista do expediente e presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70. 27071 Lugo, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese practicar.

Lugo, 14 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo