Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12501

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de taller de lavado e engraxamento de vehículos en Xarás.

Licenza apertura.

Actividade suxeita ao procedemento de avaliación ambiental.

Finalidade da licenza de actividade: instalación de taller de lavado e engraxamento de vehículos.

Clasificación do solo: solo urbano. Ordenanza 6.3-A Residencial extensiva unifamiliar illada.

Situación: Xarás n.º 5, Ribeira.

Solicitante: Rafael Antonio Romero Piñeiro.

Autor proxecto: Roberto Ozores Nine.

Proxecto: proxecto de acondicionamento para lavado, engraxamento e cambio de pneumáticos de vehículos visado polo COETI o 9.12.2011.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Ribeira, 5 de marzo de 2012.

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde