Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre licenza de obra e actividade para unha adega.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente mediante o cal a mercantil Diz y Riveiro, S.L. solicita licenza de obra e de actividade para unha adega para a elaboración de viño, que se realizará no barrio do Barral, da parroquia de Currás deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 27 de marzo de 2012.

Sandra González Álvarez
Alcaldesa